
lunes, 16 de diciembre de 2019
Curta: E de Engano.
Ligazón á curta:
Guión (mal feito) Non sabía como adxuntar un arquibo de texto así que o pego. Notaras que na curta non aparece todo o do guión. Estar, está todo grabado, mais por falta de tempo vinme forzado a eliminar certas cousas:
https://www.youtube.com/watch?v=i_7ihsDBqKg&t=114s
Guión (mal feito) Non sabía como adxuntar un arquibo de texto así que o pego. Notaras que na curta non aparece todo o do guión. Estar, está todo grabado, mais por falta de tempo vinme forzado a eliminar certas cousas:
Primeira escena,
a pantalla está en negro e pódese escoitar una voz masculina falando con alguén
descoñecido.
-Qué pasa?
Dáseche por non falar? Pois... ben que falabas no xuízo en contra miña,
verdade?
Logo disto
escóitase un disparo ou algo polo estilo, acompañado dun silencio. Comeza a introdución
da curta cunha música relativamente alegre. Mentres soa esta, podemos ver un
adolescente - home na cama, vestido de traxe e moi ben peiteado. Está esperto.
Sona o espertador e comeza a prepararse dunha maneira bastante peculiar, mal
vestido. Peitearse raro. En xeral móvese dunha forma moi estraña. Antes de saír
da casa agarra un coitelo da cociña e cando sae de plano, mostrase en
pantalla o título da curta “E de engano”. O home sae da súa casa e diríxese
cara algún lugar mentres se move ó son da música e fai algunha paiasada.
Durante este transo de tempo amosaranse os créditos iniciais. A escena remata
co home chegando ó fronte dunha casa.
Seguinte escena:
Un rapaz atópase nun salón a escuras, está no sofá xogando a algún videoxogo.
De fondo escóitase unha música bastante sinistra. Comezan a soar pequenos
ruídos. O rapaz dáse de conta e pausa o videoxogo, a música inquietante para,
posto que proviña da televisión. Levántase do sofá e diríxese cara un balcón do
salón, cara onde estaban a tirar pedriñas. Ao saír pode ver abaixo o home do
principio da curta saudándoo.
Lois: (fala de
forma moi informal) Ola! Ves por mamá? Non está agora.
Luismi: Que
va,veño ver se ves dar unha volta.
Lois: Prfff
Ahora? Taba xojando
Luismi: A ver oh,
invítoche a aljo.
Lois pon mala
cara e cerra a porta do balcón. Luismi quédase mirando cara ela. Pasado un rato
ábrese a porta da casa e sae lois mentres se pon un abrigo.
Lois: Veña, imos.
Nova escena.
Luismi e Lois están sentados na mesa dun bar, un en fronte doutro. Lois ten un
refresco e unha bolsa de patacas ou algo polo estilo. Nun primeiro plano de
Luismi pódese ver que está a mirar para a mochila onde leva o coitelo ou pistola.
Lois: Bueno qué?
Qué querías?
Luismi: Hum?
Luismi: Hum?
Lois: Digo eu,
non queres falar ou algo? Como che vai no traballo novo? (Lois come as patacas
de forma moi basta e sen vergoña algunha)
Luismi: Ah bo,
nada. Despedíronme.
Lois: Pero que
dis?! Xa van 4.
Luismi: Xa tio pero..
Lois: Mira,
coñezo un sitio onde tiñan colgado un cartel de traballo.
Luismi: Non creo
que necesite traballo agora mesmo.
Lois: Boh, veña
oh. (Lois apura a beber o refresco) Tes que traballar de algo, se non de que
vas vivir?
Luismi volve
mirar cara a mochila.
Luismi: Tes
razón, veña, imos.
Lois: Non
pensarás ir así? Pareces parvo.
Luismi: E como
suxires que pareza máis intelixente?
Lois quita as
gafas para pensar. Mira para elas e logo para Luismi.
Nova escena,
Luismi está nunha oficina falando cunha persoa.
Persoa: Bueno,
polo que leo aquí... (Enfócase o currículo feito por Lois de mala maneira, con
faltas de ortografía) Vostede sabe... (xa se mirará)
Plano de Luismi
mira cara a ventá ou porta onde está Lois asentindo coa cabeza. Luismi asinte
feliz cunhas gafas pintadas na cara con rotulador.
Nova escena.
Luismi e Lois camiñando pola rúa.
Lois: Non consigo
entender porque non che colleron. Es o empregado perfecto.
Luismi: Non creo
que saber (...) sexa moi útil na repostería.
Lois: Como sexa,
xa vai sendo tarde. Mellor vou para casa que se non cabréase mamá.
Luismi mira cara a bolsa do arma.
Luismi: Ah si… mamá…
Lois: Qué pasa? Podes estar tranquilo. Non lle direi que
estuben contigo hoxe.
Luismi está empampanado mirando a bolsa. Lois mira cara él.
Lois: Sabes? Realmente paréceme una estupidez o que fixo.
Non me pareces nin tolo, nin demasiado peligroso para min, como di o xuíz.
Luismi mira para él.
Lois: Non te preocupes, seguro que algún día che deixa
volver a casa. Sempre a intento convencer. Ao fin e ao cabo, somos irmans.
Luismi: Si, si que o somos. Os mellores,verdade?
Lois: Por suposto.
Lois érgese.
Lois: Veña, voume antes de que me castigue. Vémonos outro
día. Chao!
Unha música de tensión comeza a soar.
Luismi: Chao…
Lois comeza a irse. Luismi érguese tamen mirando cara el.
Colle a bolsa moi lentamente, saca a pistola e comeza a apuntala cara Lois.
Pouco a pouco siguea xirando cara si mesmo. A pantalla ponse en negro cun son
de disparo.
https://www.youtube.com/watch?v=i_7ihsDBqKg&t=114s
Logotipos, zumos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)