lunes, 16 de diciembre de 2019

Foto de medo!

Diseño de sprite.

Chámase B-Weez!



Bosquexos:




Final:

Curta: E de Engano.

Ligazón á curta:



Guión (mal feito) Non sabía como adxuntar un arquibo de texto así que o pego. Notaras que na curta non aparece todo o do guión. Estar, está todo grabado, mais por falta de tempo vinme forzado a eliminar certas cousas:


Primeira escena, a pantalla está en negro e pódese escoitar una voz masculina falando con alguén descoñecido.
-Qué pasa? Dáseche por non falar? Pois... ben que falabas no xuízo en contra miña, verdade?
Logo disto escóitase un disparo ou algo polo estilo, acompañado dun silencio. Comeza a introdución da curta cunha música relativamente alegre. Mentres soa esta, podemos ver un adolescente - home na cama, vestido de traxe e moi ben peiteado. Está esperto. Sona o espertador e comeza a prepararse dunha maneira bastante peculiar, mal vestido. Peitearse raro. En xeral móvese dunha forma moi estraña. Antes de saír da casa agarra un coitelo                            da cociña e cando sae de plano, mostrase en pantalla o título da curta “E de engano”. O home sae da súa casa e diríxese cara algún lugar mentres se move ó son da música e fai algunha paiasada. Durante este transo de tempo amosaranse os créditos iniciais. A escena remata co home chegando ó fronte dunha casa.
Seguinte escena: Un rapaz atópase nun salón a escuras, está no sofá xogando a algún videoxogo. De fondo escóitase unha música bastante sinistra. Comezan a soar pequenos ruídos. O rapaz dáse de conta e pausa o videoxogo, a música inquietante para, posto que proviña da televisión. Levántase do sofá e diríxese cara un balcón do salón, cara onde estaban a tirar pedriñas. Ao saír pode ver abaixo o home do principio da curta saudándoo.
Lois: (fala de forma moi informal) Ola! Ves por mamá? Non está agora.
Luismi: Que va,veño ver se ves dar unha volta.
Lois: Prfff Ahora? Taba xojando
Luismi: A ver oh, invítoche a aljo.
Lois pon mala cara e cerra a porta do balcón. Luismi quédase mirando cara ela. Pasado un rato ábrese a porta da casa e sae lois mentres se pon un abrigo.
Lois: Veña, imos.
Nova escena. Luismi e Lois están sentados na mesa dun bar, un en fronte doutro. Lois ten un refresco e unha bolsa de patacas ou algo polo estilo. Nun primeiro plano de Luismi pódese ver que está a mirar para a mochila onde leva o coitelo ou pistola.
Lois: Bueno qué? Qué querías?
Luismi: Hum?
Lois: Digo eu, non queres falar ou algo? Como che vai no traballo novo? (Lois come as patacas de forma moi basta e sen vergoña algunha)
Luismi: Ah bo, nada. Despedíronme.
Lois: Pero que dis?! Xa van 4.
Luismi: Xa tio pero..
Lois: Mira, coñezo un sitio onde tiñan colgado un cartel de traballo.
Luismi: Non creo que necesite traballo agora mesmo.
Lois: Boh, veña oh. (Lois apura a beber o refresco) Tes que traballar de algo, se non de que vas vivir?
Luismi volve mirar cara a mochila.
Luismi: Tes razón, veña, imos.
Lois: Non pensarás ir así? Pareces parvo.
Luismi: E como suxires que pareza máis intelixente?
Lois quita as gafas para pensar. Mira para elas e logo para Luismi.
Nova escena, Luismi está nunha oficina falando cunha persoa.
Persoa: Bueno, polo que leo aquí... (Enfócase o currículo feito por Lois de mala maneira, con faltas de ortografía) Vostede sabe... (xa se mirará)
Plano de Luismi mira cara a ventá ou porta onde está Lois asentindo coa cabeza. Luismi asinte feliz cunhas gafas pintadas na cara con rotulador.
Nova escena. Luismi e Lois camiñando pola rúa.
Lois: Non consigo entender porque non che colleron. Es o empregado perfecto.
Luismi: Non creo que saber (...) sexa moi útil na repostería.
Lois: Como sexa, xa vai sendo tarde. Mellor vou para casa que se non cabréase mamá.
Luismi mira cara a bolsa do arma.
Luismi: Ah si… mamá…
Lois: Qué pasa? Podes estar tranquilo. Non lle direi que estuben contigo hoxe.
Luismi está empampanado mirando a bolsa. Lois mira cara él.
Lois: Sabes? Realmente paréceme una estupidez o que fixo. Non me pareces nin tolo, nin demasiado peligroso para min, como di o xuíz.
Luismi mira para él.
Lois: Non te preocupes, seguro que algún día che deixa volver a casa. Sempre a intento convencer. Ao fin e ao cabo, somos irmans.
Luismi: Si, si que o somos. Os mellores,verdade?
Lois: Por suposto.
Lois érgese.
Lois: Veña, voume antes de que me castigue. Vémonos outro día. Chao!
Unha música de tensión comeza a soar.
Luismi: Chao…

Lois comeza a irse. Luismi érguese tamen mirando cara el. Colle a bolsa moi lentamente, saca a pistola e comeza a apuntala cara Lois. Pouco a pouco siguea xirando cara si mesmo. A pantalla ponse en negro cun son de disparo. 




https://www.youtube.com/watch?v=i_7ihsDBqKg&t=114s

Logotipos, zumos.

Marca: TO rico.

Concepto inicial:



Cambio de lugar do círculo:




Cambio de nome e experimentación do rabo da froita:



Modificando o logo:



Resultado final:


Tomate:



Ciruela:



Pexego:





martes, 12 de marzo de 2019

Curta LGBT. Unha fascinante curta realizada polo grupo conxunto por Lourdes, Silvia, Lorena, María e eu, Luismi.

https://youtu.be/iM4rqR-V64s
Paraeidolias.


Atopadas:






Realizadas: